Mostrando entradas con la etiqueta Enderezo descoñecido. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Enderezo descoñecido. Mostrar todas las entradas

martes, 13 de diciembre de 2011

Enderezo descoñecido


Publicada a finais dos anos 30 foi considerada unha obra "perfecta", aínda que desapareceu das librarías europeas por ser inscrita na lista dos libros prohibidos do Terceiro Reich.
Descubre o nome verdadeiro da autora na recomendación de Fran Alonso

Sorprende sobre todo que a autora, porque é unha muller agochada nun nome masculino pola consideración de libro "moi duro" para estar escrito por unha muller, tivese a lucidez do que ía ocorrer na Alemaña nazi.
É unha obra contundente na súa crueza, demostrando que non son necesarias moitas páxinas para elo. Unha novela espléndida que engrosa a literatura sobre o nazismo, converténdose en peza de colección.
En modo epistolar, vemos como vai mudando a situación de amizade segundo os acontecementos históricos e persoais van influíndo neles.
Fran Alonso insiste en que esta obra vos abraiará por todos estes motivos e moitos máis que vos di el mesmo na súa vídeo-recomendación.



Fran Alonso é escritor de títulos como "O meu gato poeta", "Cidades", "Contesta ou disparo" ou "A vida secreta de María Mariño". Podes seguilo en twitter, visitar o seu domicilio virtual ou o seu Cosmo cuaderno fugaz, informal e contemporáneo entre outros mil sitios porque conta moito tamén na rede.

Curiosidades ou enlaces para seguir investigando:
Info atopada no blogue Trafegando Ronseis 
En castelán publicouse baixo o título "Paradero descoñecido"
No blogue La torre de Babel podemos ler unha mostra do libro