O lector achará en Tráiler un mesto conxunto de anécdotas, lembranzas, peripecias e transos, presentados cun gran senso do realismo e escolmados cun óptimo criterio narrativo. O ton humorístico adoptado para relatar historias alleas, máis ou menos reais ou magnificadas, feitas literatura sen abusar do artificio literario nin da boa vontade do lector, permítelle a este sintonizar co punto de vista dese narrador que completa as diversas historias dos tres semi-heroes que percorren diferentes estradas entre o 27 de febreiro e o 1º de marzo do 91, ao tempo que a radio vai informando sobre a resolución da guerra de Irak.
El lector encuentra en Tráiler un denso conjunto de anécdotas, recuerdos, peripecias y lances, presentados con gran sentido del realismo y seleccionados con óptimo criterio narrativo. El tono humorístico adoptado para contar historias ajenas, más o menos reales o magnificadas, hechas literatura sin abusar del artificio literario ni de la buena voluntad del lector, le permite a éste entrar en sintonía con el punto de vista de ese narrador que completa las diferentes historias de los tres semi-héroes que recorrren distintas carreteras entre el 27 de febrero y el 1 de marzo del 91, a medida que la radio va informando sobre la resolución de la guerra de Irak.
Escucha al lector:
Escucha al autor:
Mostrando entradas con la etiqueta Fran alonso. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Fran alonso. Mostrar todas las entradas
martes, 2 de octubre de 2012
martes, 13 de diciembre de 2011
Enderezo descoñecido
Publicada a finais dos anos 30 foi considerada unha obra "perfecta", aínda que desapareceu das librarías europeas por ser inscrita na lista dos libros prohibidos do Terceiro Reich.
Descubre o nome verdadeiro da autora na recomendación de Fran Alonso
Sorprende sobre todo que a autora, porque é unha muller agochada nun nome masculino pola consideración de libro "moi duro" para estar escrito por unha muller, tivese a lucidez do que ía ocorrer na Alemaña nazi.
É unha obra contundente na súa crueza, demostrando que non son necesarias moitas páxinas para elo. Unha novela espléndida que engrosa a literatura sobre o nazismo, converténdose en peza de colección.
En modo epistolar, vemos como vai mudando a situación de amizade segundo os acontecementos históricos e persoais van influíndo neles.
Fran Alonso insiste en que esta obra vos abraiará por todos estes motivos e moitos máis que vos di el mesmo na súa vídeo-recomendación.
Fran Alonso é escritor de títulos como "O meu gato poeta", "Cidades", "Contesta ou disparo" ou "A vida secreta de María Mariño". Podes seguilo en twitter, visitar o seu domicilio virtual ou o seu Cosmo cuaderno fugaz, informal e contemporáneo entre outros mil sitios porque conta moito tamén na rede.
Curiosidades ou enlaces para seguir investigando:
Info atopada no blogue Trafegando Ronseis
En castelán publicouse baixo o título "Paradero descoñecido"
No blogue La torre de Babel podemos ler unha mostra do libro
Etiquetas:
adultos,
autores,
Enderezo descoñecido,
Fran alonso,
galego,
Kressman Taylor
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

