Elena Eclair, alumna de gallego en Espazo das Linguas en Madrid nos recomienda este título de la escritora Silvia Bardelás.
Dúas parellas en desencontro viven deixándose ir. E a vida, coma se xogase, fai que se encontren nun escenario natural de montañas coma paredes que os obriga a meterse dentro. A moita distancia e por riba deles, un narrador cólleos como personaxes e conta en tempo real os cambios que van sufrindo e a necesidade que se lles vai creando de tomar decisións e deixar de ser autómatas. Para que o amor funcione é necesario sentir que hai algo real fora do eu. E aínda que pareza obvio, non é propio da vida actual. A natureza, funciona coma un espello non corrompido que lles axuda a verse. Un relato intenso para reflexionar sobre o amor no noso tempo.
As Médulas é a primeira novela desta autora galega residente en Madrid, que recentemente publicou a súa segunda Unha troita de pé.
Sara e Flora por unha banda, e Juan e José pola outra, constitúen o referente dos grandes temas que preocupan ao ser humano. Soños, desexos non consumados, paixóns esgotadas, dúbidas non resoltas, ilusións irrenunciables, etc., emerxen ao amparo dunha paraxe montañosa natural que emula a beleza da propia linguaxe utilizada pola autora. (José Manuel Estévez-Saa no Correo Gallego)
No hay comentarios:
Publicar un comentario