O detective Nivardo Castro e o xornalista Carlos Conde son testemuñas abraiadas dunha pescuda apaixonante e misteriosa.
Un caso de características especiais: uns crimes que mobilizan simultaneamente a forza pública e as ánimas da Santa Compaña nunha atmosfera de superstición que enche de verosimilitude toda a trama.
N'A Lei das Ánimas, Carlos G. Reigosa desenvolve unha intriga singular que incorpora a tradición popular á novela, na liña de Torrente Ballester e Cunqueiro.
A historia transcorre nas bisbarras do norte de Lugo: A Mariña, Mondoñedo, as montañas do Cordal de Neda e a Terra Chá.
O autor demostra non só un profundo coñecemento da paisaxe desas terras e a súa historia, tamén describe con mestría os ambientes escuros, mestos e desacougantes dalgunhas noites de inverno no espazo rural galego, tan propicias para o misterio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario