Mostrando entradas con la etiqueta galego. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta galego. Mostrar todas las entradas

domingo, 4 de noviembre de 2012

O Cabo do Mundo

Vítor desde Galicia, nos recomienda este interesante texto de Xabier Quiroga.


«Que farías se non che quedase nada de vida?» Esta é a pregunta á que se dispón a responder un profesor diagnosticado de cancro terminal. Comeza así a súa procura do esencial da vida, unha investigación centrada en dúas teimas do pasado relacionadas co seu pai e coa muller que sempre amou. A urxente busca de si mesmo achegarao sen remisión ao cerne dun segredo amoroso e duns cruentos e agochados sucesos da represión franquista levada a cabo polas «brigadas do amencer» nas ribeiras do Miño. Partindo dunha minuciosa investigación histórica, mesturando realidade e ficción, atesourando un extraordinario alento narrativo e unha prosa vizosa e moi fluída, reaparece Xabier Quiroga cunha novela memorable que nos conduce a outro suxestivo espazo literario onde a memoria e a identidade se confunden: O Cabo do Mundo.

lunes, 22 de octubre de 2012

O Pobre Tolo, un comic sobre Castelao.

Chinto, alumno de lengua y cultura gallega en el Espazo das Linguas de Madrid, nos recomienda esta novela gráfica sobre la vida de Castelao...


Coeditado por Demo e Libraría Kómic, chega este interesante cómic sobre a vida de Castelao de Inacio e Iván Suárez: Castelao. O pobre tolo. Nesta entrega retrátase o autor  de Sempre en Galiza durante o seu desterro en Badaxoz. O feito relevante da súa lectura da obra O pobre tolo, de Teixeira de Pascoaes, dá título a esta entrega que fai que agardemos impacientes polas demais. Unha aproximación ao noso autor máis relevante que nos axuda a coñecelo mellor, sabendo do seu sufrimento en terras alleas e da súa proximidade a todos os galegos que por alí andaban. Trafegando Ronseis

O Pobre Tolo foi a primeira entrega da colección Castelao de banda deseñada, na que contamos xa cun novo título: Titoán.

 ¡Te recomendamos no perderte el booktrailer!

A Lei das Ánimas

José Luis, amigo del Espazo das Linguas en Madrid, nos recomienda un título de Carlos G. Reigosa, A lei das Ánimas, a  novela da Santa compaña.




O detective Nivardo Castro e o xornalista Carlos Conde son testemuñas abraiadas dunha pescuda apaixonante e misteriosa.
Un caso de características especiais: uns crimes que mobilizan simultaneamente a forza pública e as ánimas da Santa Compaña nunha atmosfera de superstición que enche de verosimilitude toda a trama.
N'A Lei das Ánimas, Carlos G. Reigosa desenvolve unha intriga singular que incorpora a tradición popular á novela, na liña de Torrente Ballester e Cunqueiro.

A historia transcorre nas bisbarras do norte de Lugo: A Mariña, Mondoñedo, as montañas do Cordal de Neda e a Terra Chá.
O autor demostra non só un profundo coñecemento da paisaxe desas terras e a súa historia, tamén describe con mestría os ambientes escuros, mestos e desacougantes dalgunhas noites de inverno no espazo rural galego, tan propicias para o misterio.


Os instrumentos musicais na tradición galega, de Pablo Carpintero

Guillerme Fernández, amigo gallego del Espazo das Linguas de Madrid nos hace desde Aturuxo Tenda Galega esta sugerente recomendación que resultará muy interesante para todos los amantes de las músicas tradicionales.



El libro Os instrumentos musicais na tradición galega, de Pablo Carpintero Arias, con dibujos de Xosé Ramón Marín Martínez. En él, a partir de los cuatro grupos que conforman la clasificación canónica de Hornbostel y Sachs, se describen y documentan un total de 144 instrumentos musicales y útiles sonoros que se emplearon o emplean en Galicia, un dato que, por su magnitud, convierte al libro, coedición de Proxecto Ronsel y Difusora de Letras, Artes e Ideas, S.L., en una verdadera enciclopedia sobre la materia.
El libro, de casi 500 páginas y con cerca de 1.000 fotografías y dibujos, cuenta con el aval de la UNESCO y está enmarcado dentro de las actividades promovidas por el Proyecto Ronsel, un convenio de colaboración entre la Consellería de Cultura e Turismo, la Axencia Galega de Desenvolvemento Rural y las tres Universidades gallegas centrado en la salvaguarda y puesta en valor del patrimonio cultural inmaterial de Galicia. En fechas recientes ha sido distinguido con el Premio de Investigación Antón Losada Diéguez.

 

O contido do libro pode tamén ser consultado en formato dixital no sitio Web do Consello da Cultura Galega.
E non pode faltar nesta recomendación un pouco de música popular:

As Médulas de Silvia Bardelás

Elena Eclair, alumna de gallego en Espazo das Linguas en Madrid nos recomienda este título de la escritora Silvia Bardelás.
Dúas parellas en desencontro viven deixándose ir. E a vida, coma se xogase, fai que se encontren nun escenario natural de montañas coma paredes que os obriga a meterse dentro. A moita distancia e por riba deles, un narrador cólleos como personaxes e conta en tempo real os cambios que van sufrindo e a necesidade que se lles vai creando de tomar decisións e deixar de ser autómatas. Para que o amor funcione é necesario sentir que hai algo real fora do eu. E aínda que pareza obvio, non é propio da vida actual. A natureza, funciona coma un espello non corrompido que lles axuda a verse. Un relato intenso para reflexionar sobre o amor no noso tempo.

As Médulas é a primeira novela desta autora galega residente en Madrid, que recentemente publicou a súa segunda Unha troita de pé.

Sara e Flora por unha banda, e Juan e José pola outra, constitúen o referente dos grandes temas que preocupan ao ser humano. Soños, desexos non consumados, paixóns esgotadas, dúbidas non resoltas, ilusións irrenunciables, etc., emerxen ao amparo dunha paraxe montañosa natural que emula a beleza da propia linguaxe utilizada pola autora. (José Manuel Estévez-Saa no Correo Gallego)

Librería galega Aturuxo en Madrid

Diego Castelao nos presenta este espacio dedicado a la literatura y a la cultura galega en Madrid.
Situado en la calle Vallehermoso 104, no es sólo una "tienda de libros" sino un punto de encuentro en para todos aquellos que están interesados por Galicia y su cultura.
Presentaciones de libros, discos... pasean por este espacio algunos de los principales representantes de la cultura galega de nuestros días.
Si te interesa conocer más de cerca todo sobre Aturuxo Tenda Galega y su propuesta cultural puedes hacerlo a través de su página en Facebook.



En Aturuxo Tenda Galega atoparás tanto literatura clásica coma as últimas novidades das letras galegas, discos e artesanía enxebre. Alén diso, é un espazo no que poderás asistir a presentacións, lecturas e actuacións musicais, ademais de coñecer algúns dos representantes da cultura galega actual.




sábado, 13 de octubre de 2012

Herba moura, de Teresa Moure

Vítor desde la Ría de Ares nos recomienda un libro en galego, traducido al castellano como "Hierba mora".

“Herba Moura” é a novela gañadora do Premio Xerais 2005. A través dunha miscelánea de textos (cartas, poemas, recetarios, herbarios) a autora, coma se fose un compendio de estilos literarios e botando man de recursos tan dispares como a epístola, o diario, o ensaio, a poesía, o estilo directo, etc, constrúe unha novela estilisticamente deslumbrante, sen caer nunca no lirismo gratuíto nin no sentimentalismo, chamada a situar a narrativa galega nun novo contexto. Unha novela que deita unha ollada crítica sobre o devir das mulleres na historia, dándolles voz e recuperándoa para elas. Cando o leas tamén descubrirás cousas asombrosas sobre as linguas artificiais, sobre a herba da rula, o pé de león, a agripalma, as augas de arrecendo, o marrubio, a alcaravea, sobre pos para secar as bágoas e aclarar a visión… e moito máis.
 Herba Moura guarda entre sus páginas la vida de varias mujeres que se entrelazan en un histórico viaje desde la Holanda que regenta la reina Cristina de Suecia hasta la Galicia contemporánea. Además de las curvas del cuerpo y del destino, tienen en común una fina ironía y una densa sabiduría popular que impregna toda la obra y que hace que sea imposible no sentir ganas de robarle los pensamientos a Moure.
Remedios de amor con moraleja y con sabios consejos que vienen de mujeres que no es que sean de armas tomar como nos dice Teresa, sino que son ellas mismas las armas, besos que desearíamos haber dado nosotras en lugar de ellas, hechizos mágicos que en algún momento de la vida querríamos tener a mano...
Si quieres conocer más sobre Teresa Moure, estás a un clic

martes, 2 de octubre de 2012

Tráiler de Fran Alonso. Lecturas en galego

O lector achará en Tráiler un mesto conxunto de anécdotas, lembranzas, peripecias e transos, presentados cun gran senso do realismo e escolmados cun óptimo criterio narrativo. O ton humorístico adoptado para relatar historias alleas, máis ou menos reais ou magnificadas, feitas literatura sen abusar do artificio literario nin da boa vontade do lector, permítelle a este sintonizar co punto de vista dese narrador que completa as diversas historias dos tres semi-heroes que percorren diferentes estradas entre o 27 de febreiro e o 1º de marzo do 91, ao tempo que a radio vai informando sobre a resolución da guerra de Irak.

El lector encuentra en Tráiler un denso conjunto de anécdotas, recuerdos, peripecias y lances, presentados con gran sentido del realismo y seleccionados con óptimo criterio narrativo. El tono humorístico adoptado para contar historias ajenas, más o menos reales o magnificadas, hechas literatura sin abusar del artificio literario ni de la buena voluntad del lector, le permite a éste entrar en sintonía con el punto de vista de ese narrador que completa las diferentes historias de los tres semi-héroes que recorrren distintas carreteras entre el 27 de febrero y el 1 de marzo del 91, a medida que la radio va informando sobre la resolución de la guerra de Irak.

Escucha al lector:

Escucha al autor:

lunes, 24 de septiembre de 2012

No ano do cometa/En el año del cometa

Vítor envianos esta recomendación en galego.
No ano do cometa, trasládanos á Europa de 1066, cando, trala morte do rei Edward o Confesor, se abre un dos preitos sucesorios máis sanguentos da historia. A aparición do cometa Halley nese mesmo ano, será interpretada como signo favorable á invasión de Inglaterra planeada polo duque Guillerme de Normandía. Galicia non é allea a esta aventura e na trama xoga un papel importante o intento do rei García de casar cunha nobre saxoa. Bernárdez reflicte na novela o ambiente de terror e pánico que se apoderou das Illas Británicas por mor da aparición do cometa Halley, nun tempo no que aínda estaban recentes as "razzias" do caudillo árabe Almanzor e o sentimento de angustia e apocalipse que o fin do primeiro milenio produciu no occidente cristiano. Bernárdez constrúe a súa novela sobre a base destes feitos reais, reconstruídos tanto a través de estudos realizados por autores modernos, como da análise dos textos contemporáneos, así como da comprobación ocular dos lugares onde aqueles aconteceron.



A campaña militar de Guillerme o Conquistador quedou relatada para a posteridade, a xeito de banda deseñada, nun tapiz que se conserva na cidade normanda de Bayeux e que podes ver completo aquí.
O cabalo negro que levaba o rei Guillerme na primeira batalla, en Hastings, era un obsequio dos galegos. Aínda hai quen ten curiosidade por saber se sería cabalo barbanzón, galego thieldón ou árabe.
Os interesados polas historias do ciclo artúrico tamén atoparán datos interesantes neste libro.

Nun plano de máis trascendencia histórica, a novela non agocha as consecuencias da conquista. Como todas as guerras, levou morte e sufrimento á poboación. Aínda hoxe a abadía de Battle conmemora os mortos da batalla de Hastings.
E unha consecuencia no plano cultural foi que despois da conquista o francés normando se impluxo como lingua das clases altas en Inglaterra, o inglés sufriu unha situación de subordinación diglósica durante tres séculos.

martes, 11 de septiembre de 2012

Ilustrísima de Carlos Casares

Unha homenaxe ao cinematógrafo escrita con agarimo, con tenrura e con sinxeleza, polo simple pracer de contar unha historia. Unha novela que prende e turra do lector.
Ilustrísima é un canto á bondade e á humanidade da xente e un alegato en contra do dogmatismo e da violencia. Situada nos primeiros anos do século XX, nunha pequena cidade galega que ben podería ser o Ourense natal de Casares, relata os conflitos entre un bispo intelixente e bo e algúns dos membros máis intransixentes da curia diocesana, enfrontados entre si por culpa da chegada do cinematógrafo.

Un homenaje al cinematógrafo escrito con cariño, con ternura y sencillez, por el simple placer de contar una historia. Una novela que atrapa y tira del lector.
Ilustrísima es un canto a la bondad y a la humanidad de la gente y un alegato en contra del dogmatismo y de la violencia. Situada en los primeros años del siglo XX, en una pequeña ciudad gallega que bien podría ser el Ourense natal de Casares, relata los conflictos entre un obispo inteligente y bueno y algunos de los miembros más intransigentes de la curia diocesana, enfrentados entre si por culpa de la llegada del cinematógrafo.

martes, 4 de septiembre de 2012

Vou ter un irmán-Voy a tener un hermano


Hoy tenemos un libro recomendado por el escritor, profesor y bloguero gallego Francisco Castro, autor, entre otros, del libro "Chamádeme Simbad", ganador del Frei Martín Sarmiento 2011, premio que recibe el libro más votado por los escolares gallegos.
Pero Francisco no nos recomienda ninguno de sus libros. Nos habla de un álbum maravilloso de María Solar, ilustrado por Xosé Tomás. Un libro dedicado a los más pequeños, en ese momento en el que van a dejar de ser los reyes de la casa, por la llegada de un hermanito o hermanita. También es un regalo ideal para todos los papás y mamás que esperan la llegada del segundo. 
Esperamos que os guste




PÁGINAS DE INTERÉS:
                                           Vídeobook de "Vou ter un irmán", coa propia autora  
                                           Web do ilustrador 
                                           Blog de Francisco Castro

martes, 28 de febrero de 2012

¡Silencio, se rueda!


Me llamo Álvaro y tengo 8 años. Este libro se titula “Silencio, se rueda” y trata sobre un aparato del  profesor Bacterio  que te deja  entrar en las películas y van pasando por todas las fases: blanco y negro y también en las pelis de vaqueros,... Su autor es Ibáñez. Quiero recomendarlo porque a mí me gustó mucho y espero que a ti también te guste


Chámome Álvaro e teño 8 anos. Este libro titúlase "Silencio, se rueda" e vai sobre un aparato do profesor Bacterio que che deixa entrar nas peliculas  e van pasando por todas as fases, blanco e negro e tamén nas pelis de vaqueiros… O seu autor é Ibáñez. Quero recomendalo por que a min me gusou moito e espero que a ti tamen che guste.




viernes, 24 de febrero de 2012

Pupi y el cabeza hueca


Iria, estudiante de 2º de Primaria, nos recomienda un libro de la colección de Pupi, lo hace en gallego pero puedes escoger los subtítulos en castellano en el botón CC del propio vídeo.
Seguro que es un libro muy divertido.


martes, 21 de febrero de 2012

Kika Superbruja embruja los deberes





Uxía, con 7 anos, leu este libro e quere recomendalo. Tendes os subtítulos en galego e castelán. Ademáis conta onde podes conseguir ese libro, por se che interesa. Toma nota.

Uxía, con 7 años, ha leído este libro y quiere recomendarlo. Tenéis los subtítulos en gallego y castellano. Además cuenta donde puedes conseguir el libro, por si te interesa. Toma nota


lunes, 20 de febrero de 2012

Fiz, o coleccionista de medos


A María gústalle este conto, se queres saber por qué tes que ver a súa recomendación.


"Fiz, o coleccionista de medos" é unha historia escrita por Fina Casalderrey e ilustrada por  Teresa Lima que nos fala da superación que cada quen debe afrontar contra os seus propios medos.



Achegamos unha curta realizada coa técnica "stop-motion" feita sobre o libro.

Bichos, una aventura en miniatura

Iria prestoulle un libro a Raquel que lle encantou. Por iso o quere recomendar a todo o mundo.
Tes que escoitala, recomenda esta lectura en galego pero podes escoller a transcripción en castelán.



Iria le prestó un libro a Raquel que le encantó. Por eso quiere recomendarlo a todo el mundo.
Tienes que escucharla, recomienda esta lectura en gallego pero puedes escoger la transcripción en castellano.



sábado, 11 de febrero de 2012

James y el melocotón gigante


Diego, estudiante de 1º de ESO en el IES Salvaterra de Miño ya es kuentalibros.
Nos recomienda esta divertida historia escrita por Roald Dahl.


La recomendación está en gallego pero puedes seleccionar los subtítulos en castellano si lo prefieres. Escucha (o lee) sus motivos para recomendar esta lectura:



lunes, 23 de enero de 2012

Detective esqueleto



Xaquín, estudante de 1º de ESO A no IES Salvaterra de Miño, achéganos esta intrigante lectura, chea de aventuras e maxia.


Detective esqueleto é unha obra de Derek Landy composta de nove libros dos que alomemos catro xa están publicados en España, está chea de humor e ten un personaxe moi curioso.

domingo, 18 de diciembre de 2011

Recomendación de "El príncipe de la niebla" en galego


Gabriel, dende o IES Salvaterra de Miño (PCPI) intenta convencernos desta lectura intrigante e divertida ao mesmo tempo. Queres saber por qué lle gustou tanto? Pois preme e bótalle un ollo á súa recomendación!






"El príncipe de la niebla" foi recomendado noutras ocasións para Kuentalibros. Preme na etiqueta co nome do título e poderás ver quén recomendou este libro e os seus motivos.

martes, 13 de diciembre de 2011

Enderezo descoñecido


Publicada a finais dos anos 30 foi considerada unha obra "perfecta", aínda que desapareceu das librarías europeas por ser inscrita na lista dos libros prohibidos do Terceiro Reich.
Descubre o nome verdadeiro da autora na recomendación de Fran Alonso

Sorprende sobre todo que a autora, porque é unha muller agochada nun nome masculino pola consideración de libro "moi duro" para estar escrito por unha muller, tivese a lucidez do que ía ocorrer na Alemaña nazi.
É unha obra contundente na súa crueza, demostrando que non son necesarias moitas páxinas para elo. Unha novela espléndida que engrosa a literatura sobre o nazismo, converténdose en peza de colección.
En modo epistolar, vemos como vai mudando a situación de amizade segundo os acontecementos históricos e persoais van influíndo neles.
Fran Alonso insiste en que esta obra vos abraiará por todos estes motivos e moitos máis que vos di el mesmo na súa vídeo-recomendación.



Fran Alonso é escritor de títulos como "O meu gato poeta", "Cidades", "Contesta ou disparo" ou "A vida secreta de María Mariño". Podes seguilo en twitter, visitar o seu domicilio virtual ou o seu Cosmo cuaderno fugaz, informal e contemporáneo entre outros mil sitios porque conta moito tamén na rede.

Curiosidades ou enlaces para seguir investigando:
Info atopada no blogue Trafegando Ronseis 
En castelán publicouse baixo o título "Paradero descoñecido"
No blogue La torre de Babel podemos ler unha mostra do libro