Publicada a finais dos anos 30 foi considerada unha obra "perfecta", aínda que desapareceu das librarías europeas por ser inscrita na lista dos libros prohibidos do Terceiro Reich.
Descubre o nome verdadeiro da autora na recomendación de Fran Alonso
Sorprende sobre todo que a autora, porque é unha muller agochada nun nome masculino pola consideración de libro "moi duro" para estar escrito por unha muller, tivese a lucidez do que ía ocorrer na Alemaña nazi.
É unha obra contundente na súa crueza, demostrando que non son necesarias moitas páxinas para elo. Unha novela espléndida que engrosa a literatura sobre o nazismo, converténdose en peza de colección.
En modo epistolar, vemos como vai mudando a situación de amizade segundo os acontecementos históricos e persoais van influíndo neles.
Fran Alonso insiste en que esta obra vos abraiará por todos estes motivos e moitos máis que vos di el mesmo na súa vídeo-recomendación.
Fran Alonso é escritor de títulos como "O meu gato poeta", "Cidades", "Contesta ou disparo" ou "A vida secreta de María Mariño". Podes seguilo en twitter, visitar o seu domicilio virtual ou o seu Cosmo cuaderno fugaz, informal e contemporáneo entre outros mil sitios porque conta moito tamén na rede.
Curiosidades ou enlaces para seguir investigando:
Info atopada no blogue Trafegando Ronseis
En castelán publicouse baixo o título "Paradero descoñecido"
No blogue La torre de Babel podemos ler unha mostra do libro
Grazas pola recomendación, Fran!
ResponderEliminarSaúdos!
Moitas grazas por recomendar este libro , foi publicada en francés ¿sabes o nome en francés? .
ResponderEliminarGrazas
Me lo acabo de leer hace una semana y es realmente impresionante.
ResponderEliminarGracias y un saludo
Yo también lo leí hace muy poco y me impactó.
ResponderEliminarGracias